Nova edición do Torneo Interparroquial e novo éxito de participación posto que preto dun centenar de veciños decidiron ,como ven sendo xa tradicional, pasar o Día de Nadal disfrutando do deporte .

Xornada de fútbol sala de moito nivel en todos os partidos. Reflexo de isto, foi a propia final que despois dun empate a tres tantos entre "Herdeiros da Estaca" e "Bo Nadal", decidíuse a penaltis, sendo  "Bo Nadal"  campión nesta edición que foi antesala do próximo XXV aniversario do Torneo, unha reunión deportiva onde se pon de relieve o espiritu destas datas.

Arriba