PRESENTACIÓN DA XXXV FESTA DA FILLOA DE LESTEDO

FESTA DE GALICIA DE INTERESE TURÍSTICOIMG 20180203 WA0011

Despois de 34 anos e sendo recoñecida en 2008 Festa de Galicia de Interese Turístico, converteuse nunha das Festas gastronómicas de Galicia máis consolidadas; pero a Festa da Filloa non é só unha festa gastronómica, é a prolongación e o peche do tradicional Entroido dos Xenerais da Ulla, recoñecidos tamén como Festa de Galicia de Interese Turístico no 2013. Deste xeito no mesmo día e no mesmo lugar Lestedo, celebramos 2 Festas Declaradas de Interese Turístico de Galicia. Estamos a falar dun evento cun gran peso turístico, cultural e lúdico que move cada ano arredor de 20.000 persoas e que vai en aumento edición tras edición.

MEMBROS DA MESA:IMG 20180203 WA0004

Ovidio Rodeirto Tato.- Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Coruña

Carmen Pita Urgoiti-Directora de Promoción da Axencia de Turismo de Galicia

Manuel Fernández Munín- Alcalde do Concello de Boqueixón

José Manuel canabal Vázquez.- Presidente da Comisión da Filloa de Lestedo

Juan Manuel Corral Sánchez- Portavoz da Comisión da Filloa de Lestedo

Carmen Pichel- Deseñadora e estilista

Nesta trixésimo quinta edición, e co ánimo de seguir mellorando e consolidando esta homenaxe a un dos pratos de Galicia por excelencia, presentáse unha festa na que non faltarán ningún dos seus pratos fortes:

  • Xoves 8 de febreiro, Presentación da Semana da Filloa no Centro Comercial Compostela El Corte Inglés. Degustación de filloas de 13:00 a 16:30 horas dende o 8 de febreiro ata o sábado 17 de febreiro.
  • Venres 9 de febreiro, as Filloas de Lestedo Terán o seu espazo no Luar da TVG.
  • Dende o 12 ó 17 de febreiro, ambos inclusive, celébranse as 3as Xornadas Gastronómicas da Filloa de Boqueixón. 7 hostaleiros/as do municipio, preparan os bocados máis innovadores e suxerentes con filloas como base da preparación, pero incorporando tamén produtos locais e de tempada da máis alta calidade, como xa veñen sendo recoñecidos (queixo, grelo, carnes, filloas,…).
  • Como novidade, este ano, organizouse o Concurso de fotografía “Unha mirada ao Entroido”. O concello de Boqueixón, co obxectivo de salientar a importancia da Festa da Filloa e do entroido dos Xenerais da Ulla, dúas festas declaradas de interese turístico de Galicia, convoca a primeira edición dun concurso de fotografía destinado a plasmar unicamente a esencia do Entroido tradicional de Boqueixón.

Temos que destacar 3 novidades na presente edición:

  • Nesta edición a festa aumenta significativamente o número de pedras, de 20 pasamos a contar 40 pedras filloeiras
  • Outro paso importante culturalmente falando e do que estamos orgullosos, é a recuperación da PARRANDA como elemento propio e singular do entroido dos Xenerais da Ulla.
  • A Festa da Filloa e, neste caso, os Xenerais mostran o seu espíritu máis innovador, estreando este ano un traxe de Xeneral obra de Carmen Pichel, deseñadora e veciña de Lestedo.

En canto ó PROGRAMA DA FESTA propiamente dito,

  • Ás 12:30h. está previsto o 3º Gran Desfile de Xenerais da Ulla, no que varias ducias de xenerais, correos e soldados ataviados con traxes de época farán un percorrido por Lestedo, e rematarán no recinto da Festa, onde subirán o palco de autoridades e saudarán ós asistentes coas súas vivas e os seus altos.
  • Sobre a 13:30h. María Mera, actriz e presentadora, quen ten as súas orixes en Boqueixón, como en pasadas edicións dirixirá os actos na Festa da Filloa.
  • Como pregoeiro contamos co Chef André Arzúa, “A cociña de André” da TVG. Reputado cociñeiro que, quén mellor que un cociñeiro para falar da filloa.
  • Como é costume, imporanse os mandís de honra ó pregoeiro e a algún outro destacado persoeiro/a que contribúe co seu traballo para que esta festa sexa un éxito.
  • Na sesión vermouth e ó longo da xornada actuarán LOAIRA, RAEIRA, RAIOLA, LUZ DO ILICINO, TNT, e O RECOBIO.
  • As 17:00 horas darase paso ós famosos Altos dos Xenerais do Ulla da parroquia de Lestedo. Serán un mínimo de 8 xenerais os que mediante estrofas rimadas, e con un alto grado de sorna, ironía e bo humor, falarán de política, deporte, temas de actualidade xeral, asi como temas de actualidade local.
  • O domingo día da festa, dende a primeira hora da mañán funcionará a máquina filloeira, que fará non só filloas, a razón de 1.500 por hora, senón tamén outro tipo de pratos para acompañar as filloas, como son chourizos, beicon, etc. Con degustación gratuíta de filloas dende as 12:00 ata as 17:00h.
  • As 18:30 horas, para rematar a festa contaremos coas orquestas JERUSALÉN e PARÍS DE NOIA, que amenizarán unha verbena que chegará ata as 10 da noite.
  • Para resumir e rematar, despois de 34 anos de existencia, a Festa da Filloa pretende ser unha pequena prolongación do Entroido da Ulla, cos seus xenerais e correos; a exaltación do prato e do postre galego por excelencia, acompañado de rixóns, beicon, chourizos, nata, crema, e outros añadidos que enriquecen a filloa; todo elo nun recinto que estará cuberto por unha gran carpa na súa totalidade para que todos os que veñan a Lestedo poidan disfrutar da filloa, do bo comer o bo beber, da música e do folclore; pero a Filloa ainda vai máis alá, a filloa reúne a máis de 120 veciños de Lestedo, que desinterasadamente, ano tras ano, traballan para que esta festa chegase a ser o que é hoxe en dia, podemos decir con orgullo, que é un motivo de unión para as xentes de Lestedo.

Agradecementos polas colaboracións:

  • XUNTA DE GALICIA
  • AXENCIA DE TURISMO DE GALICIA
  • ABANCA
  • DEPUTACION DE A CORUÑA
  • PARADORES, HOSTAL DOS REIS CATÓLICOS E Ó SEU DIRECTOS, JULIO CÉSAR CASTRO MARCOTE
  • PROTECCION CIVIL DE BOQUEIXON
  • VECIÑOS DE LESTEDO

Invitamos a tod@s a que o domingo 18 de febreiro se acheguen a Lestedo a disfrutar da filloa e da festa.

 

Arriba